A Televisión de Galicia (TVG) levará toda a emoción do Rally Terra de Galicia 2025 aos fogares de Galicia e do mundo.
O vindeiro domingo 7 de setembro, a canle retransmitirá en directo o último tramo (TC D2), cun despregue especial de varias cámaras situadas ao longo do percorrido, ofrecendo unha cobertura única para non perder ningún detalle da competición.
Ademais, quen non poida seguir a emisión televisiva, terá a posibilidade de velo en streaming a través da páxina web da TVG, gozando así da emoción do rally desde calquera lugar.
Con esta retransmisión, o Rally Terra de Galicia 2025 dá un paso máis na súa difusión, achegando a paixón polo motor a todos os afeccionados.
👉 Prepárate para vivir un final de rally espectacular, tanto nos treitos como desde a pantalla.