O Rally Terra de Galicia 2025 xa conta coa súa lista definitiva de participantes. Tras o peche das inscricións, xa está dispoñible en Sportity o documento oficial que confirma quen serán os pilotos e copilotos que tomarán a saída nesta primeira edición da proba.

Os días 4, 5 e 6 de setembro, Galicia volverá a converterse no epicentro do motor nacional cunha proba puntuable para o Campeonato de España de Rallyes de Tierra (CERT). Coa lista de inscritos publicada, comeza a conta atrás para gozar dunha fin de semana chea de emoción, espectáculo e paixón polos rallyes.

📲 Consulta a lista en Sportity
Dispoñible desde a App co código terradegalicia2025 e desde a web.