Conxuntamente coa entrega de premios, procedeuse ao acto de entrega ás asociacións Agaela e Aadem da cazadora asinada por todos os pilotos. Estas cazadoras representan unha mostra de apoio do club Rally Terras de Galicia ao traballo que realizan estas entidades.

Foron entregadas polo Vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, queremos desde aquí dar visibilidade a ambas as enfermidades e contribuír a mellorar e manter a calidade de vida das persoas e familias con ELA e EM.