O Rally Terra de Galicia 2025 contará cunha cobertura radiofónica especial grazas á súa radio oficial, que retransmitirá toda a competición en directo.
A narración estará a cargo do equipo de Escape Motor, a través de Radio Cerceda. Deste xeito, os afeccionados poderán seguir treito a treito todo o que aconteza nesta edición do certame, sen perderse ningún detalle.
ℹ️ Como escoitar a retransmisión
- Dial FM: 107.2 FM
- Online: www.rtvcerceda.com
Vivas onde vivas, poderás gozar de toda a emoción do rally e sentir a acción en tempo real.