O próximo mércores 3 de setembro, o Concello de Arteixo acollerá unha xornada de Test Day destinada preferentemente a equipos colectivos que desexen poñer a punto os seus vehículos antes do inicio do Rally Terra de Galicia 2025.
📅 Data e horario:
- Mércores 3 de setembro de 2025
- Horario: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
📍 Localización: Concello de Arteixo
Condicións de participación:
- É indispensable que o equipo estea inscrito no Rally Terra de Galicia 2025.
- Só se aceptarán cambios de copiloto se se comunican á organización antes do 2 de setembro ás 20:00 h.
- Piloto e copiloto/s deberán contar con licenza en vigor.
- O Test Day non será cronometrado.
- Prazas limitadas, recoméndase inscribirse canto antes.
📝 Inscrición:
- A inscrición debe realizarse a través do seguinte formulario de inscrición.
- Data límite: luns 1 de setembro de 2025 ás 20:00 h.
- Importe:
- Xornada completa: 400 €
- Media xornada (mañá ou tarde, a elixir): 300 €
- Ingreso a nome do Club Rally Terra de Galicia na conta:
ABANCA – ES90 2080 0703 6130 4002 0434- Concepto: TEST RTG 2025 + Nome piloto
Non perdas a oportunidade de preparar o teu vehículo en condicións reais antes da proba.