¡O motor galego roxe co corazón máis solidario! Durante a celebración do Rally Terra de Galicia 2026, cita puntuable para o Campionato de España, o Club Rally Terra de Galicia unirá forzas con AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica) e con AADEM (Asociación Asturiana de Esclerose Múltiple) para dar visibilidade á súa loita. Como mostra deste apoio, o club fará entrega a cada asociación dunha cazadora oficial asinada por todos os pilotos participantes na proba. Unha peza única de coleccionista para unha causa imprescindible! Xuntos sumamos quilómetros contra a ELA e a EM.